Friday 17 de May de 2024

Operarios pavimentan con aglomerado asfáltico a rúa de Lugo en Riveira


A cidade de Riveira vén de ser dar cabida aos traballos de pavimentación da rúa de Lugo, que está sendo executados polaempresa Nemesio Ordoñez.

Cómpre lembrar que o Concello adxudicara unha actuación na que, por un importe de 76.306,92 euros, se asfaltaran un total de seis vías do municipio: Cobasa en Aguiño, a estrada paralela ao CEIP Frións en Carreira; Abesadas, Mendiño, Sorribas e Lugo.

Sorribas
Unha vez conclúa a pavimentación (algo que está previsto teña lugar mañá), unicamente quedarán por executar o asfaltado da rúa Sorribas, vía situada entre a avenida de Ferrol e a avenida da Coruña, a carón dun gran establecemento comercial.